- Mario Puentes lanza unha campaña de imaxe baseada na experiencia
Mario Puentes. 01/02/2008 -
Tralo exitoso lanzamento da súa nova identidade, a promotora Mario Puentes lanzou unha campaña de publicidade co obxectivo de posicionar a marca no mercado atribuíndose uns valores de confianza, saber facer e calidade na construción derivados da experiencia de case 50 anos na promoción inmobiliaria.
A campaña confórmana pezas testimoniais desenvolvidas principalmente no medio exterior. Frases inxeniosas con certa dose de sátira acompañan fotografías de usuarios de todas as idades con algo en común: a satisfacción de ter confiado en Mario Puentes á hora de elixir a súa casa.